Reflexionamos sobre a muller no territorio a través de materiais gráficos nos que se pon en relevo algúns aspectos estruturais de discriminación e invisibilización das mulleres nas nosas contornas de vida e practicas habituais.
She Figures
Publicouse en marzo deste ano o informe "She Figures 2018" da Comisión Europea, que analiza o estado de igualdade de xénero no ámbito da investigación e a innovación en Europa. O estudo publícase cada tres anos e presenta unha visión xeral través de indicadores para examinar o impacto e a eficacia das políticas implementadas nesta área.
Para máis información https://ec.europa.eu/info/publications/she-figures-2018_en
